Skip to content Skip to footer
ghazafelhos

Grupo de teatro especializado en teatro Infantil, Xuvenil e Musical

Selección de obras pensadas para desfrutar ao aire libre

Os espectáculos que montamos en espazos cerrados

Obras pensadas para visitas aos colexios ou bibliotecas

Desexando vernos?
Consulta a nosa axenda!

axenda

Próximas Actuacións

Teatro dos Ghazafelhos achega nas súas próximas actuacións historias cheas de humor, imaxinación e emoción para todo o público.

23
Abr, 2026

“Contos de Lobo”

Ribadavia 23 de Abril de 2026 11:00
23
Abr, 2026

“Contos de Lobo”

Muxía 23 de Abril de 2026 18:00
26
Abr, 2026

“Contos de Lobo”

Ferrol 26 de Abril de 2026 00:00
opinións

Opinan sobre os Ghazafelhos

Frankenstein

“Encantóume o espectáculo, superben currado, moi limpo, precioso de ver, con técnicas variadas (canto, música ao vivo, acrobacia, monicreques…) pero moi ben metidas (non era un mostrario), construción física dos personaxes moi clara, vodevil, parodia, clown… En fin, o tipo de espectáculo que a min mesmo me gustaría facer (se soubera e puidera, porque a estas alturas xa nin dou un pinchacarneiro).
Unha gozada ver os nenos tan atentos e o público tan contento.

E grazas por tratar aos nenos como seres intelixentes e sensibles!”

Santi Prego

Frankenstein

Nana para un soldado

“Hola Pepablo,
Mi nombre es Ana María. Soy colombiana, vivo entre Lisboa y Burgos pero de pura casualidad estuve hoy en la función de “Nana para un Soldado” en Ortigueira. Fui a la obra sin esperar absolutamente nada, ya que no conozco Ortigueira, ni había oído hablar de tu compañía de teatro, y salí de ella dichosa de haber disfrutado de una pieza tan hermosa, tan poderosa… Siendo de Colombia, un país donde se nace y se muere oliendo a guerra, a conflicto armado y a violencia irracional, “Nana para un Soldado” me tocó el corazón profundamente. Es raro que siendo Bogotá, mi ciudad, un lugar con una cultura de teatro político mas o menos amplia, nunca haya visto nada como lo de hoy. Mis mas sinceras felicitaciones por el trabajo de todos auqellos que han participado en la creación de la obra, espero que a pesar de las dificultades que enfrentan los artistas en estos o en otros tiempos, sigan adelante con este trabajo tan poderoso
un fuerte abrazo.”
Ana María

Nana para un soldado

Travesía Unicornio

 

“Qué maravilla de espectáculo. Una vez más, Teatro Ghazafelhos consigue hacer lo que mejor sabe: llenar el escenario de magia, risas y emoción para toda la familia. “Travesía Unicornio” es una obra fantástica, como todo lo que hacen Ghazafelhos, llena de momentos divertidos, mensajes bonitos y esa energía tan especial que siempre transmiten.

Sus tres actores —Pepablo, Montse y Jorge, como siempre, FANTÁSTICOS, Se nota la complicidad entre ellos, el cariño con el que hacen cada escena y la conexión que crean con el público, tanto con los niños como con los adultos. Es imposible no salir del teatro con una sonrisa.

Todas las obras de Ghazafelhos tienen ese encanto que hace que los mayores lo pasemos tan bien como los pequeños. Y esta “Travesía Unicornio” no es la excepción: es un viaje entrañable, lleno de humor, imaginación y buen teatro.”

Mery Martínez

Travesía Unicornio

Para Montse, Pepablo e Jorge: 20 anos de Maxia e Familia!

Din que o teatro é a arte do encontro, e que sorte tivemos nós aquel 2018 cando os noso camiños cruzaronse nunha praza do concello de Salvaterra de Miño. O que empezou nunha butaca terminou no corazón, e hoxe ao vervos cumprir 20 anos sobre as táboas, non podemos evitar botar a vista atrás e sorrir ao lembrar cada aventura compartida.

A nosa historia convosco é unha viaxe que empezou deixándonos envolver polo enxeño do “Vendedor de fume”, descubrindo que a verdadeira maxia non está no truco, senón en quen o conta. Fixéstesnos soñar espertos coa fantasía do baile dunha intrépida voluntaria nas “1001 noites” e emocionámonos, como nenos, seguindo os pasos ao son da música da “Nena e o Grilo”. 

Xuntos aprendimos a non temer aos “Monstros no camiño” senón a rirnos deles, porque convosco calquera obstáculo convértese nun ensino. Navegamos buscando “A illa sen tesouro”, só para darnos conta de que o tesouro máis grande era, precisamente, o tempo que pasabamos véndovos actuar.

Grazas ao voso talento, subímonos á “Maquina do tempo” para entender o voso oficio e o de outra xente moi importante aínda que o prezo fora apañar uns mamporrazos dun troglodita, movéndonos coa axilidade dun “Ninja” para non perder os recordos do noso neno interior, e cruzamos esa fronteira máxica que é a “Travesía Unicorniosss”.

Con cada “Ándale!” contaxiástesnos a vosa enerxía inesgotable entre pratos mexicanos e o “Presing Catch”, ata levarnos da man para descubrir os misterios das “Minas do rei Salomón”. E para rematar esta viaxe no podía ser de outro xeito que cunhas “Historias para Escagharriñarse” pero da risa, como non.

Montse, Pepablo, Jorge… neste anos non só vimos obras de teatro; vimos crecer unha amizade que xa é familia. Grazas por estas duas décadas de entraga, polas risas, pola emoción e por facernos parte da vosa historia.

FELICES 20 ANOS DE GHAZAFELHADA!

Isaac, Mateo e Susana

 

Para Montse, Pepablo e Jorge: 20 anos de Maxia e Familia!