- Este evento pasou.
“Gala Aniversario Ghazafelhos”

Unha gala chea de emocións, recordos e alegrías. Cargada de humor, música e xente marabillosa que nos acompañou ao longo destes vinte anos de traxectoria enriba dos escenarios e a pé de rúa.
Estades todos e todas convidadas!!!
O 17 de Xaneiro ás 19.30, no Auditorio Municipal de Narón.
Entrada de balde pero con previa reserva nas oficinas do Pazo da Cultura de Narón.
“Quen camiña é humano,
quen comparte camiño é persoa,
quen abre camiño é imprescindible.”
Para as nosas e os nosos imprescindibles.
