Rubicundo
Todas as noites, Rubicundo sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pechada. Semella que ninguén repara nesta personaxe, enfundada nun gabán e sombreiro de copa. Ninguén agás Erea. Disposta a chegar ate o fin daquel misterio… Pois así era esta rapaza… curiosa e soñadora…
Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin distancias…
Rubicundo é unha obra de teatro actoral onde tres personaxes interactúan con obxectos, monicreques, bailan e cantan en directo. Coa fermosa historia de María Canosa de fondo, Ghazafelhos propón unha posta en escena chea de sorpresas pasando pola música, os monicreques, acrobacia, claqué… Unha mestura de xéneros que Ghazafelhos soe propor para sorprender a un público familiar e facer difícil de esquecer esta máxica historia: RUBICUNDO.
