Skip to content Skip to footer

O vendedor de fume

60 min.
Familiar

Achéguense señoras e señores, nenos e nenas, achéguense e descubran as marabillas que lles vou mostrar; Ungüentos para facer medrar o cabelo, elixires para os catarros, pomadas para un propulsado primaveral, queren quitar luars peludos…? ou quizais moas…? queren cortar o cabelo, un afeitado ou extraer o apéndice…? Achéguense e fagan cola!! por moi pouco diñeiro a súa vida cambiará e de que maneira… achéguense!!

DESCRICIÓN:
Un vendedor de remedios chega á vila. Co seu deslumbrante carromato cheo de frascos misteriosos convocará ao público a través da maxia e a música. Ofertará remedios ás e ós presentes para mil e un males, e terá como reclamo a uns pícaros cómplices que se “camuflarán” entre o público.

Un espectáculo cheo de maxia, humor e música en directo onde a participación do público é indispensable!!

Máis espectáculos

Pódeche interesar...

+ 5 anos
50 min.
Un neno e o seu unicornio atópanse cunha xenia que lles promete facer realidade os seus desexos.
+ 5 anos
60 min.
Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía.
+5 anos
50 min.
Uha obra da compañía Teatro Ghazafelhos dirixida ao público familiar a partir de 5 anos que aborda a problemática do acoso escolar.
+6 anos
60 min.
Dous soldados coinciden na fronte. A fronte é a casa de Aurora. Aurora espera un bebé. O bebé espera aos dous soldados…