Skip to content Skip to footer

Nana para un soldado

60 min.
+6 anos

“A guerra non é un lugar. A guerra non chega ou se vai, pero está aí… habita nos corazóns atrincheirados e nas mentes con metralla…”

Dous soldados coinciden na fronte. A fronte é a casa de Aurora. Aurora espera un bebé. O bebé espera aos dous soldados…

Esta é unha historia dun momento na guerra. Presentada dun xeito cómico e poético, amosando o máis duro da guerra pero tamén o máis fermoso das persoas.

Máis espectáculos

Pódeche interesar...

+ 5 anos
50 min.
Un neno e o seu unicornio atópanse cunha xenia que lles promete facer realidade os seus desexos.
+ 5 anos
60 min.
Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía.
Familiar
60 min.
Achéguense señoras e señores, nenos e nenas, achéguense e descubran as marabillas que lles vou mostrar!
+5 anos
50 min.
Uha obra da compañía Teatro Ghazafelhos dirixida ao público familiar a partir de 5 anos que aborda a problemática do acoso escolar.