Skip to content Skip to footer

Travesía Unicornio

50 min.
+ 5 anos

Travesía unicornio é unha adaptación ao teatro de Pepablo Patiño do libro de María Canosa, gañador da primeira edición do Premio Anisia Miranda de teatro infantil e publicado por Edicións Embora en marzo de 2023.

Un neno e o seu unicornio atópanse cunha xenia que lles promete facer realidade os seus desexos. Estes deberán escoitarse, aceptarse e, o máis importante, aceptar tamén os desexos dos demais para que se cumpran os propios. Travesía unicornio é unha obra chea de humor que cambia os roles tradicionais de xénero abrindo as portas a que as nenas e nenos decidan libremente sobre os seus gustos.

Máis espectáculos

Pódeche interesar...

+ 5 anos
60 min.
Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía.
Familiar
60 min.
Achéguense señoras e señores, nenos e nenas, achéguense e descubran as marabillas que lles vou mostrar!
+5 anos
50 min.
Uha obra da compañía Teatro Ghazafelhos dirixida ao público familiar a partir de 5 anos que aborda a problemática do acoso escolar.
+6 anos
60 min.
Dous soldados coinciden na fronte. A fronte é a casa de Aurora. Aurora espera un bebé. O bebé espera aos dous soldados…