Skip to content Skip to footer

Ninja

Ninja

50 min.
+5 anos

‘Ninja’ é unha obra da compañía Teatro Ghazafelhos dirixida ao público familiar a partir de 5 anos que aborda a problemática do acoso escolar a través dunha historia que reflexiona sobre o respecto, o apoio mutuo e a diversidade. Tori, a súa protagonista, quere ser ninja e adestra todos os días para pasar inadvertida. Neste proceso, descobre que no seu colexio hai moitas nenas e nenos que queren ser invisibles para deixar de sufrir acoso nas aulas. Coa axuda do seu veciño, o señor Edelmiro, buscarán a forma de dar visibilidade ao que está a acontecer e conseguir mudar a situación.

En ‘Ninja’, Teatro Ghazafelhos xoga coa simbloxía da cultura oriental e das expresións artísticas de diferentes momentos históricos para falar da necesidade de coidar a vida, traballar en equipo e compartir os malestares. O elenco da peza está formado por Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patiño e o dúo BellónMaceiras (Dani Bellón e Diego Maceiras) foron os encargados de compoñer pezas de música tradicional con sonoridade oriental.

Máis espectáculos

Pódeche interesar...

+ 5 anos
50 min.
Un neno e o seu unicornio atópanse cunha xenia que lles promete facer realidade os seus desexos.
+ 5 anos
60 min.
Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía.
Familiar
60 min.
Achéguense señoras e señores, nenos e nenas, achéguense e descubran as marabillas que lles vou mostrar!
+6 anos
60 min.
Dous soldados coinciden na fronte. A fronte é a casa de Aurora. Aurora espera un bebé. O bebé espera aos dous soldados…