Skip to content Skip to footer

Acuario

50 min.
+5 anos

“Acuario” é teatro baseado no libro de poemas de María Canosa que leva o mesmo título. O seu obxectivo é que a xente miúda da casa se achegue á poesía en lingua galega á vez que aprende os nomes dos peixes e descobre a riqueza biolóxica (e gastronómica) do noso litoral.

Todo isto faise dun xeito ameno e divertido grazas á presenza dos vistosos monicreques, dos actores que lle imprimen o humor e dinamismo á actividade, da música e dunha escenografía a “mar de atractiva”.

Acuario é un conxunto de versos doados e musicais que en ningún momento esquecen o seu propósito didáctico: amosar a maxia do noso patrimonio lingüístico… e mariño

Os xeniais Ghazafelhos unha vez máis serán quen, de que o mar, e os seus habitantes se acheguen a nos co humor delirante ó que nos teñen acostumadas.

Máis espectáculos

Pódeche interesar...

+ 5 anos
50 min.
Un neno e o seu unicornio atópanse cunha xenia que lles promete facer realidade os seus desexos.
+ 5 anos
60 min.
Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía.
Familiar
60 min.
Achéguense señoras e señores, nenos e nenas, achéguense e descubran as marabillas que lles vou mostrar!
+5 anos
50 min.
Uha obra da compañía Teatro Ghazafelhos dirixida ao público familiar a partir de 5 anos que aborda a problemática do acoso escolar.