Skip to content Skip to footer

Ándale Bon Appêtit

60 min.
+6 anos

ÁNDALE, Bon appêtit! é unha comedia en clave de clown onde tres cociñeiros mexicanos Antonio, Francisco e Felipe tentarán amosar os segredos da cociña mexicana baseados nas receitas da cociñeira Abigail Mendoza, quen dedicou a súa vida a recuperar, conservar e difundir as súas raíces culturais e gastronómicas milenarias dende a cociña.

A súa cociña está declarada pola UNESCO patrimonio oral e inmaterial da humanidade. Cunha posta en escena colorista, uns personaxes grotescos e un ambiente evocador, Ghazafelhos quere enganchar ao público dende o primeiro momento facéndoo partícipe das desventuras, malos entendidos e solucións para cada prato.

Para elo, mestúrase teatro físico, música, títeres e un texto de enredo con moito xogo de palabras.

Máis espectáculos

Pódeche interesar...

+ 5 anos
50 min.
Un neno e o seu unicornio atópanse cunha xenia que lles promete facer realidade os seus desexos.
+ 5 anos
60 min.
Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía.
Familiar
60 min.
Achéguense señoras e señores, nenos e nenas, achéguense e descubran as marabillas que lles vou mostrar!
+5 anos
50 min.
Uha obra da compañía Teatro Ghazafelhos dirixida ao público familiar a partir de 5 anos que aborda a problemática do acoso escolar.