Skip to content Skip to footer

Bon Appetit

60 min.
+5 anos

Antua de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem son tres chefs que nos van amosar os segredos da cociña galega seguindo o prestixioso libro de receitas de Álvaro Cunqueiro A cociña galega: “A cociña é arte, a expresión cultural que un pobo desenvolve ao longo do tempo.”

Unha comedia onde a cociña tradicional galega é o ingrediente perfecto para escachar de risa, na que o sinxelo pode ser tremendamente difícil e o divertido pode ser moi perigoso.

Explosións, tortazos, persecucións, sustos, malos entendidos… ingredientes para unha comedia total en clave de clown.

Máis espectáculos

Pódeche interesar...

+ 5 anos
50 min.
Un neno e o seu unicornio atópanse cunha xenia que lles promete facer realidade os seus desexos.
+ 5 anos
60 min.
Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía.
Familiar
60 min.
Achéguense señoras e señores, nenos e nenas, achéguense e descubran as marabillas que lles vou mostrar!
+5 anos
50 min.
Uha obra da compañía Teatro Ghazafelhos dirixida ao público familiar a partir de 5 anos que aborda a problemática do acoso escolar.