Skip to content Skip to footer

Frankenstein, treme o misterio

50 min.
+3 anos

Qué se pode esconder nun escuro castelo perdido nas montañas? Poida que algo que non quere ser descuberto ou, poida que, algo que espera que o descubran. Frankenstein é un clásico da literatura, do cine, do teatro e dos musicais, unha obra que sempre está vixente para unha reposición e máis para público familiar, xa que ás veces é complicado expoñer a monstruosidade á que pode chegar o ser humano por buscar a perfección. Iso pasoulle a Víctor Frankenstein e pásalles ás persoas que non se aceptan a si mesmas.

E diso trata Frankenstein de Teatro dos Ghazafelhos: da autoestima do ser humano. Unha aventura nas entrañas dun castelo onde os investigadores, a Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepío, investigan se o lexendario monstro de Frankenstein existe ou non.

Máis espectáculos

Pódeche interesar...

+ 5 anos
50 min.
Un neno e o seu unicornio atópanse cunha xenia que lles promete facer realidade os seus desexos.
+ 5 anos
60 min.
Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía.
Familiar
60 min.
Achéguense señoras e señores, nenos e nenas, achéguense e descubran as marabillas que lles vou mostrar!
+5 anos
50 min.
Uha obra da compañía Teatro Ghazafelhos dirixida ao público familiar a partir de 5 anos que aborda a problemática do acoso escolar.