H2… Oh!!!
É unha peza teatral baseada no libro homónimo de María Canosa.
A historia está protagonizada por unha divulgadora científica e dous doutores de ciencias recoñecidos mundialmente: Montsilia Brasilisca e Pepablov Pasparof.
Con moita comedia e experimentos sorprendentes, H2…OH! achéganos ás curiosidades científicas que forman parte do noso día a día:
Sabías que os cascos protectores foron inventados polos paxaros?
Ou por que existen os espellismos?
A que non repararas en que hai animais que nunca beben auga?
E sabías que o número Pi é infinito e nunca remata?
Estas e moitas outras preguntas atopan resposta nun espectáculo no que a tolemia destes científicos e a extravagancia dos seus experimentos fan que o público viva unha experiencia única, recordando o alicerce de toda ciencia: a curiosidade.
