Historias para escagarriñarse
Tres cíngaros percorren o mundo co seu carromato contando vellas historias da cultura popular que removerán pesadelos nos incautos oíntes.
Coincidindo co seu 20 aniversario, Teatro Ghazafelhos recupera un dos seus primeiros espectáculos de rúa. Co seu característico humor repasarán historias como as de A Cabra Montesina, As Lavandeiras, a Santa Compaña… A participación do público será imprescindible para poder representar estas historias para escagarriñarse. Un espectáculo cómico de rúa para todos os públicos.
Ghazafelhos poñen a proba os esfínteres familiares con esta proposta. Non, non é nada escatolóxico, representarán tres historias de terror, misterio e loucura coas que os nosos pais, nais, avós, avoas, etc… nos torturaron docemente durante a nosa infancia.
Unha enrevesada historia que convida ó público a sentirse partícipe da risa colectiva…
