Skip to content Skip to footer

Iriña Bailarina

45 min.
+5 anos

Un pirata, un xogador de futbolín, unha bailarina de caixiña de música e un único desexo: xogar sen límites para medrar sen “medidas”. Ghazafelhos propoñemos reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os esterotipos sociais.

Iriña bailarina esculca na ruptura de roles convencionais a través dunha bailarina que vive nunha caixa de música e que devece por poder saír do espazo que a anoa a dar voltas sen cesar para poder xogar ao futbolín, ser pirata ou mesmo, se quere, poder engordar; isto é, para quebrar ou modificar a súa propia sorte ou fado.

Máis espectáculos

Pódeche interesar...

+ 5 anos
50 min.
Un neno e o seu unicornio atópanse cunha xenia que lles promete facer realidade os seus desexos.
+ 5 anos
60 min.
Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía.
Familiar
60 min.
Achéguense señoras e señores, nenos e nenas, achéguense e descubran as marabillas que lles vou mostrar!
+5 anos
50 min.
Uha obra da compañía Teatro Ghazafelhos dirixida ao público familiar a partir de 5 anos que aborda a problemática do acoso escolar.