Lúa
Na terra algo acontece; hai moito ruído, berros, enfados… Lúa está preocupada porque con tanto ruído as estrelas asústanse e non queren achegarse. Así que decide baixar á terra e saber o porqué de tanto barullo. Lúa é unha analoxía entre o fantástico e o máxico da relación que temos as persoas no noso mundo, que nos leva a non entendernos e a provocar medos e violencia. Da man dunha nena chamada Lúa, percorreremos o mundo dos maiores cos ollos da infancia.
Con Lúa descubriremos a importancia da tolerancia e de abrir as fronteiras no país das pernas e o país dos brazos, a aprender a compartir cos demais no país da choiva, a levantar a vista e apreciar o mundo que nos rodea no país dos espellos, a vivir en paz e non usar a violencia no país da guerra.
Lúa está baseado no conto homónimo de Pepablo Patinho, finalista do premio Fray Sarmiento 2018, publicado por Edicións Embora.
