Skip to content Skip to footer

Monstros no Camiño

Monstros no Camiño

50-60 min.
+6 anos

Tres investigadores de Europa do leste viaxaron polo camiño de Santiago para desmontar os mitos dos seres ou fenómenos locais. Hoxe, farán un simposium para amosar os resultados da súa aventura. Con axuda dunha máquina da súa invención, serán capaces de convocar os distintos “monstros” dos que falan para amosar a súa falsidade ou non… Percorrerán unha chea de personaxes míticos dos distintos lugares por onde transcorre o camiño dende Drácula, Lobisome… até as Meigas, a Santa Compaña, o Sacauntos… Todo baixo un humor absurdo do que Ghazafelhos nos ten acostumado facendo un espectáculo familiar que nos farán sentir cómplices da historia.

Descrición.
Jorge Casas, Montse Piñón e Pepablo Patiño dan vida a catro científicos-aventureiros que investigan os monstros tradicionais do camiño de Santiago. Cunha escenografía adaptada a distintos espazos consistente nun pequeno carromáquina, farán sketchs presentando os monstros dos que falarán.

Máis espectáculos

Pódeche interesar...

+ 5 anos
50 min.
Un neno e o seu unicornio atópanse cunha xenia que lles promete facer realidade os seus desexos.
+ 5 anos
60 min.
Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía.
Familiar
60 min.
Achéguense señoras e señores, nenos e nenas, achéguense e descubran as marabillas que lles vou mostrar!
+5 anos
50 min.
Uha obra da compañía Teatro Ghazafelhos dirixida ao público familiar a partir de 5 anos que aborda a problemática do acoso escolar.